Quen vai estar?

Vitor Fernandes

Natural de Trás-os-Montes,  é licenciado en Historia.

De neno pasaba o tempo escoitando as historias que lle contaban súa nai e súa avoa. Un día, por cuestións profesionais ou mesmo por destino, tropezou nos contos e relembrou a súa infancia e todo o tempo pasado a escoitar historias. Pero como contar e que contar? Buscou e encontrou respostas na Escola de Narração Oral Itinerante de Clara Haddad e comenzou a se formar con Paula Carballeira, Thomas Bakk, Rodolfo Castro, Lenice Gomes, Wayqui Cesar  Villegas, Joxemari Carrere e António Torrado. E seguirá a facelo porque ten a certeza do pouco que sabe e quere aprender cando puder.

Narrador que busca manter a forza da tradición, o seu repertorio está repleto de contos de amor, humor, vivacidade, astucia e emoción da tradición oral portuguesa. É un dos integrantes do grupo Contos na Eira, un proxecto enraizado nas memorias dos  avós e vivo no corazón dos netos, que pretende avivar os momentos de convivencia dos tempos de outrora a través da transmisión oral de contos populares portugueses, lendas e cancións tradicionais.