Festival Atlántica
Participantes
Programa
  • Programa infantil e familiar
  • Programa adultos
  • Atlántica 2020
    • Edición 2019
    • Edición 2018
    • Edición 2017
    • Edición 2016
    • Edición 2015
    • Edición 2014
    • Edición 2013
  • Entradas
  • Equipo
  • Apoios
  • Contacto
  • Atlántica 2020
    • Edición 2019
    • Edición 2018
    • Edición 2017
    • Edición 2016
    • Edición 2015
    • Edición 2014
    • Edición 2013
  • Entradas
  • Equipo
  • Apoios
  • Contacto
Guti

José Luis Gutiérrez ‘Guti’

‘Guti’ é gaiteiro, cantador, bailador e sobre todo contador de historias. O feito de chegar ao conto como parte dun traballo máis amplo dedicado desde hai moitos anos á etnografía fíxolle preparar un espectáculo no cal procura cinguirse ao que estritamente aprendeu en longas veladas de cociña e sobremesa nas vilas de Zamora, León e Salamanca, principalmente. Todos os contos e romances que usa foron recollidos directamente de narradores tradicionais, na súa maior parte anciáns do mundo rural cos que compartiu moitos bos intres. Así se procura conservar o carácter dialectal de cada narración así como a atmosfera que envolvía ao narrador tradicional, carente de artificios nun mundo sen tele nin radio. O conto téntase transmitir en toda a orixinalidade que o público e o espazo de narración permiten asumindo o salto que supón para a mesma narración o pasar dun fogar aceso ou dun portal dunha casa no verán nun pobo a un escenario e ante un público que en moitos casos perdeu o seu referente rural. ‘Guti’ traballou principalmente na contorna rural tentando dalgunha maneira de restablecer a cadea de comunicación-transmisión de cultura oral rota pola condena dos anciáns ao silencio nunha sociedade dominada polo que se repite desde o televisor. Polo seu espectáculo A pelo recibiu no 2015 o Premio de Interpretación Masculina na XII Edición dos Premios Moretti de Teatro.

Das mulleres do oeste
‘Guti’ narra de memoria e pola memoria de ducias de mulleres coas que compartiu os saberes e as historias. Neste espectáculo o romance e o conto tradicional van salpicándose da xeografía, da vida das cociñas, dos traballos do campo, das historias de vida de cada informante, de cada vella que entra e sae do escenario da man de Guti. Narrar así é un exercicio de agradecemento a quen regalou o testemuño dun mundo oral, un mundo aínda presente no imaxinario de quen tivo aldea, de quen se quentou ao lume cunha cunca de sopa nas mans, de quen sentiu como propias as palabras do ancián. Para quen escoita, ‘Das mulleres do oeste’ ha de ser unha volta ao tempo feliz en que a palabra do vello era necesaria.

WEB ALOXADA EN
CO APOIO DE
Twitter
  • Grazas a ti. Que o disfrutes! https://t.co/87NCrwykJd
    3 days ago
  • @jetojun @magago @LibrariCouceiro Dende o primeiro ano do Festival, as rutas narradas pola cidade, pretenden dar vi… https://t.co/tdfWlBIrZi
    4 days ago