
Ramiro Neira
É diplomado en Maxisterio (especialista en Audición e Linguaxe) e ten moitos anos de experiencia en Galicia como actor, director, docente, produtor e distribuidor teatral. Como actor traballou e traballa con diferentes compañías: Artestudio Teatro, Sardiña, Tea, Estragón, Grupo Institucional da Universidade da Coruña, Teatro da Bufarda, Espello Cóncavo, Teatro da Lúa, Casa Hamlet, Patatín e Patatán, entre outras. Como docente e director coordinou grupos en Sardiña, Gangarilla, Instituto María Casares, Centro Fonseca, Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, Concello de Ordes, Fogar do Maior do Barrio das Flores, Artestudio, Forum Metropolitano...). Como produtor e distribuidor traballou con Teatro da Bufarda, Hac Luce Universidade da Coruña, Teatro da Lúa, UVG Teatro, Galileo Teatro, Ballet Studio, Paparota Teatro, etc. Actualmente compaxina os seus traballos como docente, actor e director ca coordinación de diferentes proxectos do Concello da Coruña e do Forum Metropolitano, como son o Programa Horas Punta, Mostra de Teatro Escolar e os Encontros de Teatro Independente da Coruña.
Cun ollo aberto e…
Peza de narración oral de 50 minutos baseada na obra “Con ollo aberto e outro sen cerrar” de Xabier P. Docampo dirixida a nenos/as e público familiar.