Festival Atlántica
Participantes
Programa
  • Programa infantil e familiar
  • Programa adultos
  • Atlántica 2020
    • Edición 2019
    • Edición 2018
    • Edición 2017
    • Edición 2016
    • Edición 2015
    • Edición 2014
    • Edición 2013
  • Entradas
  • Equipo
  • Apoios
  • Contacto
  • Atlántica 2020
    • Edición 2019
    • Edición 2018
    • Edición 2017
    • Edición 2016
    • Edición 2015
    • Edición 2014
    • Edición 2013
  • Entradas
  • Equipo
  • Apoios
  • Contacto
Ruben Martinez

Rubén Martínez

Rubén Martínez é xornalista, músico, escritor, actor , contacontos e director do Festival de Narración Oral de Barcelona “Munt de Mots”. Atesoura trinta e cinco anos de profesión, cheos de creatividade, traballo e moita moita imaxinación. Foi pioneiro da Narración oral en Venezuela, Chile e Catalunya. Formador de narradores e narradoras orais no Programa Atrapa la Paraula, do Consorci de Biblioteques de Barcelona dende o ano 2002. Impartiu obradoiros e conferencias na Universidad Autónoma de Barcelona, na universidad Jaume I e lÍnstitut del Teatre. Foi actor no grupo ALTOSF. Foi coautor e actor na serie televisiva para nenos Juana la Iguana e titiriteiro no programa os Lunnis. Presentou os seus espectáculos en Venezuela, Colombia, Exipto, Israel, Grecia, Arxentina, Chile, Francia, Alemaña e España. En Cataluña, no Teatre Romea e con Etcètera Teatro no Teatre Gran Liceu de Barcelona. Como escritor posúe unha obra extensa de contos, teatro e poesía. Como xornalista colaborou nos xornais El Tiempo de Colombia, El Mercurio de Chile, El Nacional de Venezuela ou Le Monde Diplomatic, entre outros. Na súa faceta de músico ten varios discos onde é autor da música e letra. É tamén compositor e director da ópera breve para nenos Campana de Silencio e da obra para adultos Misa de Réquiem. Entre os galardóns que obtivo na súa Venezuela natal figuran o Premio Nacional de Narrativa Breve, o Nacional de contos para nenos, o Premio Nacional de Texto Informativo para Nenos, o Premio Dramaturxia Ambiental, o de Dramaturxia Infantil Aquiles Nazoa, o Municipal de Teatro e o de Teatro infantil Nacional, entre outros. Conseguiu a Mención especial en The Film Council of Greater Columbus (Ohio, 1996) e o Premio de Dramaturxia Infantil UCV (2017).

PIM PAM PUM! | Público infantil e familiar
Un convite a contar contos todos e todas. A imaxinación, o xogo, a complicidade e a re-creación son algún dos ingredientes deste espectáculo. Participación garantida!

SEN VIR A CONTO | Público adulto
Unha sesión de contos que inclúe, precisamente, esas historias que poden ser contadas só a noite do espectáculo. Nin un máis , nin un menos. Por iso o mellor e vir desprevido e desprevida. Deste xeito vostede, respectable público, terá a disposición xusta para escoitar o que se conta de verdade. Non hai máis explicación, porque sinceramente, non vén a conto

WEB ALOXADA EN
CO APOIO DE
Twitter
  • Grazas a ti. Que o disfrutes! https://t.co/87NCrwykJd
    3 days ago
  • @jetojun @magago @LibrariCouceiro Dende o primeiro ano do Festival, as rutas narradas pola cidade, pretenden dar vi… https://t.co/tdfWlBIrZi
    4 days ago