Festival Atlántica
Participantes
Programa
  • Programa infantil e familiar
  • Programa adultos
  • Atlántica 2020
    • Edición 2019
    • Edición 2018
    • Edición 2017
    • Edición 2016
    • Edición 2015
    • Edición 2014
    • Edición 2013
  • Entradas
  • Equipo
  • Apoios
  • Contacto
  • Atlántica 2020
    • Edición 2019
    • Edición 2018
    • Edición 2017
    • Edición 2016
    • Edición 2015
    • Edición 2014
    • Edición 2013
  • Entradas
  • Equipo
  • Apoios
  • Contacto
soledad_felloza

Soledad Felloza

Nacín a beiras dun río que en lingua guaraní quere dicir de paxaros pintados, Uruguai. As madreselvas aroman a miña infancia e acubillan os meus amores primeiros. As rúas anchas de terra esconden as primeiras letras que esborranchei e baixo o areeiro da praza Bela Vista enterrei un día as miñas miradas tortas e funme polo mundo a contar as miñas mentiras máis verdadeiras. Facendo contas, débenme de quedar por vivir 54 anos, aínda que preferiría que fosen 68 ou 72. Así e todo, algunhas cousas teño feitas. Algunhas que me enchen de orgullo, outras que se fose máis clariña de pel, ruborizaríanme. Actuei e contei contos en Festivais de Uruguai, Arxentina, Chile, Bolivia, Venezuela, Cuba, Alxeria, Perú, Francia, Italia,Portugal, Holanda. Contei contos en toda España, menos en Cantabria. Namórome cada vez que me subo ao escenario e sufro cando baixo. Aínda non contei o mellor conto, pero se sinto que me achego, ese día collerei a miña Nikon e quedareime en Corrubedo ou Cabo Polonio para sempre. Mentres tanto, aquí vou, esta son ou intento ser.

O comezo do mundo | Contos para adultos
Mentres cociñamos a lume manso, contamos historias. Dende esta premisa Sole Felloza percorre o país, escoitando as mulleres. A vida, namentres, non para en ningún momento e debúllase o millo, faise a matanza ou amásase a empanada. As voces desas mulleres suben ao escenario para contar de tempos sen tempo. Do pícaro ao picante, dos vivos, dos mortos e dos que non se sabe se están vivos ou mortos, da cantiga ao pasiño de baile de chachachá. Así falan as señoras Lola, Juana, Emérita, Palmira, Otilia, Erundina e tantas outras ao carón da lareira, ao redor da cociña de ferro.
Porque as voces das mulleres saben viaxar, como ningunhas outras, da risa ao secreto, da retranca á poesía.

De Tin Marín | Contos para nenos
As palabras máxicas son as que abren as maletas cheas de historias que chegan de moitos recunchos do mundo. Unha viaxe cun pasaporte único, a imaxinación.

WEB ALOXADA EN
CO APOIO DE
Twitter
  • Velaquí unha moi recomendable cita coa nosa @SoleFelloza 👁️ Reserva de convites a partir do martes 13 de abril https://t.co/eQhbGC4jQw
    9 days ago
  • Son as nosas!!! Unhas xenias, Irene e Rachel, responsables da imaxe de Atlántica! 👏🏼👏🏼👏🏼👏🏼 https://t.co/bpkx8dkE2F
    13 days ago